A RABUDA

(to be continued)

Todos os relatos que chegaron a nós sobre a vida de Rabuda, foron escritos moitos anos despois por discípulos proclives á idealización do seu mestre, polo que resulta difícil separar os sucesos reais dos numerosos mitos e lendas arredor da súa vida.
Conta unha das lendas que naceu na auga dunha fermosa lagoa, baixo unha flor de loto.
A súa nai, unha indirana semipalmata, pouco antes de dar a luz soñou que un dos ovos eclosionaba creando un feixe de luz marabilloso que contiña todas as cores do arco da vella e que do seu interior agromaba unha voz anxelical entonando un canto que xamais escoitara antes.
Xa de
cágado mostrou unha temperá inclinación á meditación e reflexión, acadando estados de transo profundo antes de converterse en adulto e antes incluso da súa propia metamorfose.
A tradición di que unha noite sentou sobre a loto que lle viu nacer, decidido a non erguerse ata acadar o “nirrana” a liberación da dualidade do anfibio...

No hay comentarios: