Ollo de Vidro


Leutor:
Certo día fitoume unha vaca.
¿Que coidará de min?, pensei eu; e naquel intre a vaca baixou a testa e sigueu comendo na herba. Agora xa sei que a vaca somentes dixo:
—Bo, total un home con anteollos.
E ó mellor eu non son máis que o que coidou a vaca.
Velaí a ledicia de pensar que cando a miña calivera estea ó descuberto xa non poderá xuzgarme ningunha vaca. A morte non me arrepía e o mal que desexo ó meu nemigo é que viva até sobrevivirse. Eu son dos que estruchan a cara pra apalpa-la propia calivera e non fuxo dos cimeterios endexamais.
Un ollo de vidro. Memorias d´un esquelete
Castelao

No hay comentarios: